hello world!

Blog personal de Rafael Alcalde Azpiazu: programación, cacharreo y sobre todo, pasándomelo bien 😺.

Amorodo Jam 2024

Sunday, May 12, 2024

postcastellanogalego

Este tiña que ser o post de abril, pero coma sempre, tardei máis do habitual en poñerme. Tiña pensado falar de desenvolver apps nativas en Godot, pero ainda teño pendente acabar cunhas cousas, así que queda posposto. Logo ocurreuseme falar do Guadalindie (que pedazo evento) pero vai para largo e non quería enrolarme moito esta vez, pero, claro, tamén pasouseme falar do evento supremacista xenocida musical, e a ver, ao final tampouco querolle dar moito bombo ao que todes sabedes... Nada, raparigue, que ao final une tira para a casa e ocurreuseme facer unha breve entrada. Así tamén probo o sistema de subir entradas con traducción (tedes a versión en castelan sen o gl da url).

Hoxe comezou o Amorodo Jam 2024, que se me segues por redes sociais sabrás que levo preparándoo desde fai uns meses. Non é unha Game Jam ao uso, se non que é unha Jam a secas. Aquí permitese calquer traballo, aínda que non teña que ver sobre videoxogos. Un relato, un poema, unhas acuarelas, o que se te ocurra. Claro que hai un tema central e é que ten que tratar sobre Galicia: podes coller algunha comida típica, ou falar dalgún lugar no que estiveras, ou mesmo vale non facer nada relacionado pero que estea en galego. Todo vale. Esto é debido a que o obxetivo do Amorodo Jam é facer unha jam para o día das letras galegas (17 de maio). É coma un Sant Jordi, pero "á galega". Tamén, para maior dificultade, quen queira pode facer o seu traballo con respecto a unha temática e que se reflicte dous elementos. A temática é O resurximento é delas!, e os elementos son Mouchos e Qué andas rosmar?

A temática elexinna cando estaba no Guadalindie, ese evento reinvindicativo e que se deu voz a tanta xente que no forma parte de colectivos maioritarios (se é que por iso digo que vaia pasada de evento, e para ben). Podeste crer que en máis de 30 anos, só elixíronse a 6 mulleres fronte a 58 homes para adicarlle o día das letras galegas? Creo que esta é unha boa oportunidade para facer un evento aínda máis reinvindicativo. Queremos ver mulleres, queremos poder ter referencias femininas, rapazas coas que sentirnos mellor representadas (e non un señor maior que sí, moito fala galego pero segue sendo un señor). Pois iso é o que temos, un evento onde poñer toda a carne no asador.

Se preguntaschete canto dura, pois é ata o 20 de maio (sí, de medio domingo a medio lúns, super raro, pero é cando máis rato tiña de facer cousas). Pode parecer pouco, porque é pouco máis dunha semana, pero claro, aquí a idea non é presentar unha tesis doctoral de mulleres falando galego. Volvemos ao que comentei antes: queres facer un poema sobre a tua profesora de galego? pois mira que no ocupe máis de medio folio. Queres debuxar un hórreo e poñer a tua autora favorita? pois eu de ti presentaba o bosquexo, e xa tendrás tempo dabondo de detallarlo. Con este tempo o que busco máis é que fagamos unha refrexión e paremos non máis dunha tarde a pensar unha idea, porque pode ser que incluso con solo 30 min sírvannos, e ver ata onde chegamos. Pode que sexa o xerme para algo máis grande, quen sabe, pero aínda así a base está feita.

En fin, espero que os mole a idea, e se non apuntáchedes, pos xa sabedes, estades a tempo. Con todo recordarvos que pronto teredes o resumo da Guadalindie e subiré as miñas indagacións sobre facer apps en Godot, así que estade atentes as miñas redes sociales.

¡Saúdos! 😸