hello world!

Blog persoal de Rafael Alcalde Azpiazu: programación, cacharreo e sobre todo, pasándomelo ben 😺.

Mellorando a interface

Domingo, 5 de xullo 2026

postgalego

Teño bastantes cousas que falarvos, como que estamos a mover dende Godoteires un montón de cousas, o meu avance con eliminar a miña dependencia de xigantes como Microsoft o Google, de que estou a mellorar o meu xogo propio par Android, que intentarei ter todo listo antes de finalizar o ano, ou que estou a falar de deseño de videoxogos en galego na miña listaxe de correo (aínda non a coñeces? podes apuntarte gratuitaménte!).

Desta última quero recuperar unha cousa que falei este mes e e que fai unhas semanas saíu a nova versión 4.7 de Godot Engine. Agora nesta nova versión podemos animar compoñentes da interface mediante novas propiedades (todas comezan por offset_*) podendo incluso animar elementos que estean dentro de outros compoñentes, en especial os contedores, que establecen a posición dos seus fillos, como o vertical box que os pon un detrás de outro verticalmente, ou o center container que os pon todos no medio e medio do contedor.

Isto recordoume que fai un tempo fixen un xogo con conexión de Twitch baseado no cartas contra a humanidade, a idea era que o streamer podía escoller as súas tarxetas e logo os seguidores xogaban con comandos no chat de Twitch ou accións e demais. A cousa e que, supoño que por inexperiencia de estar aprendendo Godot, pois tirei a facelo ben con compoñentes de interface e tweens... E encontreime co problema de que se redimensionabas a ventá pois reventaba todo porque as posición rompíanse bastante, e iso que estaba animar por áncoras, pero non daba bos resultados.

Como vos comentei, estou a facer un xogo en Android que baséase no afundir a frota, pero con verduras nun horto (por iso chámase Miña Leira!) e estiven estas semanas actualizando a nova versión de Godot, polo que probei a facer experimentos coas novas propiedades e vaia marabilla! E é unha pasada, xa que podo animar elementos independentemente do obxecto que o contén, que é super útil no meu caso porque teño montadas as interfaces con containers como vertical e horizontal boxes, ademais de margins e máis cousas así.

Teño tamen pensado voltar co proxecto de Twitch, pode estar guay e ademais como estaba en 3.4 pois pode ser guay actualizalo a nova versión de Godot. E nada, recorda apuntarte a miña lista de correo se queres enterarte de estas cousas e vémonos na próxima!!