Crónica do IndieDevDay
Luns, 7 de outubro 2024
postvideoxogosgalego
Fai tempo que non escribo por estos lares, así que, despois do parón veraniego imos retomar vellas costumes e volver á rutina. E que mellor maneira que falar do que para mín foi o IndieDevDay, aínda que antes comentoche, e é que teño unha pequena sorpresa… Bueno, mellor deixoche ler a entrada para que entendas a que me refiro.
En principio non quero centrarme nesta entrada nos xoguiños e charlas que se presentaron, se non nas experiencias persoais e porque creo que este tipo de eventos deberíanse facer máis a menudo. Isto é porque tedes un montón de canles a vosa disposición que os poden informar delo. De feito, con respecto aos xogos, o equipo do IndieDevDay habilitaron unha páxina en Steam para que botedelles un ollo por se os interesa seguir algún título.
Non é a primeira vez que vou a este tipo de eventos de exposición de videoxogos Indie, xa que a nivel local aquí na Galiza hai algún, ben sonche algo anecdótico porque soen estar englobados a eventos máis grandres (por exemplo a Hobbycon ou a Expotaku). Tamén, como comentei en maio, este ano acerqueime a Málaga para asistir á primeira edición do Guadalindie, o cal resultou nun acerto porque foi un evento que a moites de nos ablandounos o corazón. Así que nin corte nin perezose, tiña que probar a viaxar a Barcelona.
Un dos problemas que saltánnos á cabeza é que, sabendo cómo está “A Industria” do videoxogo, en un evento así solo podes esperarte o típico perfil de señoro engaravatado e incluso cunha camisola que apenas tapa os seus pectorais poñéndose a facer burpoes mentras vendeche a sua idéa millonaria para que invirtas na sua empresa. E a ver, vendo como son moitos dos directivos das grandes empresas, e como día sí día tamén fálanche dos resultados de ventas de xogos AA ou AAA, proxeccións e demáis cousas que na súa cabeza sóan espectacular, a verdade e que aterra.
Aínda así, nada máis lonxe da realidade, e é que o que chamoume a atención foi a diversidade neste tipo de eventos: programadoras, artistes, xogos que directamente expoñen historias centradas no “non normativo” ou con historias moi fresquiñas que incluían aspectos e persoaxes LGTBIQ+... Ademáis, une encontrase en moitos casos que son xente cos pes no chan mostrando ao mundo no que traballan, pero que en moitos casos, e para que negarlo, sen pelos na lingua dinche que iso que ves nin sequera é o seu principal foco. Porque por desgraza necesítase diñeiro para vivires e isto o ven como o seu segundo traballo a realizar.
E a ver, deixando a negatividade do duro que é facer xoguiños, como lectores poderías pensar que me refiro incluso a un perfil moi amateur, xa que moitas veces van da man do “indie”, pero asegúroche que moito do traballo presentado no IndieDevDay non se acerca nin por asomo a isto (como por exemplo Hidalgo). Foi unha cousa que deixoume loque no que puiden ver e probar no Guadalindie, e é que, pese a seren un proxecto que uns amigos fan despois do seu traballo principal, o resultado obtido ten uns niveis de calidade que perfectament poden compararse con estudos que levan asentados anos. Sexa pola música, a calidade dos modelos, o afinado que estea a xogabilidade e mecánicas, creo que non fun a única persoa que quedouse abraiado despois de xogar algúns títulos.
E a ver, sei que estou facendo unha comparación moi ao bruto, porque moitos destes proxectos recortan noutras moitas áreas que igual esos estudos tradicionais da industria non terían reparo. Sexa que pola historia está resumida nunhas tranquilas 4 horas, ou que só esten dispoñibles en poucas plataformas ou que as súas mecánicas, aínda que pulidas, pódense contar coa palma da man… Pero creo que estas cousas tamén fan especiais a este tipo de contido. Sabes que con esas 4 horiñas vas desfrutar coma un neno, ou que, aínda te toque xogalo só en PC é algo que poder facer para apoiar o traballo de artistas locales.
É por iso que, con estas impresións, voume cun sabor de boca un pouco amargo. Aínda que, en aspectos xerais para min sexa algo positivo, tamén faise pesado as veces ter que desplazarse para poder asistir a este tipo de eventos. E non dígonno coma visitante, se non que, incluse para moites exponentes o feito de ter que viaxar supuso un verdadeiro dor de cabeza. É unha bala que teñen para mostrar o seu proxecto a un público grande, así que é normal que se queira asistir a este tipo de eventos.
Pero sabemos como é España que se non están no Madrid as conexións deixan moito que desexar, e aínda que é verdade que o IndieDevDay faise en Barcelona, como moitos outros eventos en Málaga, Valencia ou Bilbao que tenden a non estar fagocitados pola capital, creo que aínda queda moito camiño por recorrer para que este tipo de eventos centrados na industria poídanse celebrar en sitios máis diversos.
E xá para finalizar, a modo de resumo, con o que me quedo do evento foi o de Godot Meetup, onde nos reunimos un montón de xente, incluso de fora de España, para poder falar e compartir incluso o noso traballo ou o que nos gustaría amprender. Foi super guay poder encontrarme a un grupiño de galegues e poder predicar sobra a Xuntanza Godoteira do pasado xulio que fixen na Coruña (teño aínda pendente poñerme co resumo, sorry).
Tamén outra cousa que me encantou foi a charla que Montxo e Marcos deron sobre o seu proxecto de Edición Deluxe, que aínda que parece lonxano do mundo Indie, bebe dunha forma maxistral cómo redactar novas ben fresquiñas que entran como un licorca ás 8 da mañá. E bueno, se me lees dende vai tempo saberás que unha cousa que levo a diario é que os meus proxectos sexan abertos, que polo menos teña cerco control. É por iso que movínme de WordPress a facer o meu blogue usando Lume, pero unha das cousas que non me proporciona esta tecnoloxía e poder saber quén me le.
A sorpresa
E a ver, créme que eu levo super ben poder enviar contido sen complicarme a vida con telemtrías, analíticas e que a xente poida consultar a web sen cookies nen cousas raras do trackeo, que a min o de guardar datos dos usuarios como que dame moi mal roio. Pero creo que ter unha newsletter como a de Montxo e Marcos pode facerme ver quen segue este bloque e a vez recompersarle con cosiñas, así que che conto o meu plan:
De momento vou usar beehiiv, é unha boa plataforma pero non é libre del todo, así que será como de uso temporal mentres non teña un sistema mellor.
E qué te encontrarás? De momento as entradas deste bloque que publico mensualmente. A diferencia é que o tendrás dispoñible antes de que esté público, tanto a versión en castelán como en galego.
Ademáis, intentarei que todos os fíns de semana teñas unha minientrada. Solo estará dispoñible se estás suscrite á newsletter e contendrá algo no que estea traballando, algunha refrexión ou incluso tips que teñan que ver coa enxeniería informática e a programación de videoxogos.
Serán entradiñas cortas, polo que a idea é que poidas ler sobre algo non moi técnico e así comezar o teu descanso semanal.
Espero que a idea moleche. Podes suscribirte a ela accediendo a newsletter.nekerafa.dev. Aínda así, se queres deixarme algún comentario sobre esto ou a miña reflexión sobre o IndieDevDay, recorda que tes as miñas redes sociais.
Un saúdo! 😽