hello world!

Blog persoal de Rafael Alcalde Azpiazu: programación, cacharreo e sobre todo, pasándomelo ben 😺.

Crónica de eventos de primaveira

Martes, 14 de abril 2026

postgalego

Versión en castelán

Pois aproveitando que este ano comencei a miña “degooglición”, estou movendo as miñas webs e proxectos a servizos como Codeberg ou similares, ademáis de que monteime finalmente un servidor NAS na casa caseiro cunha Raspberry Pi. De momento está sendo unha odisea porque mira que teño contas e contas, pero bueno. O que si, a ver se saco tempo e fálovos de todo este proceso nunha próxima entrada. Espero que sexa este año, que mira que intentono pero remato deixando o blog sen actualizar 😿.

O que ia dicir, quería falaros dos últimos eventos nos que estiven este último mes (e os que quedanme), porque vaia cúmulo de emocións. Comenzarei co eventiño que fixemos en FemDevs o 20 de marzo (ahí cerquiña do meu aniversario) na Revolteira. A miña amiga Sara organizou un pedazo obradoiro de chapitas onde tivemos xente que deseñou maravillas. Aproveitamos para falar de FemDevs, e fixemos unha pedazo merendola! Eu fixen dous chapiñas dos meus gatetes, pero vamos, que ao lado des increibeis artistaces que viron o meu era moi amateur.

Ao día seguinte tiven Lareira Conf, na que puiden saudar a coñecides, como Aquelarre Dixital e xente de comunidades como Python Coruña. Ademáis, os faladoiros e eventos e xogos que hai polo día super top, ademáis que se vides recoméndovos encarecidamente ir á cea porque paseino xenial. Se tivera que dicir algunha cousita é o tirón de orellas de certos contidos de IA. Entendo que ao ser un evento xeneralista, pois ao final para gustos cores, e ao final podes ir aos faladoiros que queiras, pero o que non podo perdoar é que se tire de recursos gráficos feitos con IA tendo pedazo artistas na nosa terra e tamén na Coruña. Espero que isto podanno mellorar porque sabendo o importante que é este tipo de eventos na nosa comunidade, pois mancha moito a experiencia.

Xa pasando ao día 28 tivemos Xuntanza Godoteira na Revolteira, e que dicir. Para mín este local social xa é como unha segunda casa, sobre todo vendo a cantidade de cousiñas que se fan para á comunidade do barrio. É por iso que escollimolo, e o recibimento foi maravilloso. Se queredes saber máis, tedes un resumo no blog de Godoteires que fixeron os meus compis da aso, ademáis do ligazón a algúns faladoiros.

Este pasado finde estiven no Atlantic Games Conference co stand de Godoteires, xa que queríamos aproveitar a ocasión para presentar á comunidade a nosa aso, ademáis de que fumos con mercha e nos pusimos camisetas a xogo hehehe. E bueno, a pesar dos faladoiros e demáis, quería comentar algo a colación. Como sabedes, comecei a ir a eventos de desenvolvemento de videoxogos en 2023, empezando coa MeetUp de Godot en Valencia. Xusto ao ano seguinte fun ao Guadalindie e deixeime pasar incluso polo IndieDevDay. E como comentei entonces “quedaba moito camino por recorrer para que este tipo de eventos centrados na industria se poidera celebrar en sitios máis diversos”. é por iso que quixen aportar o meu granito de arena e tamén en 2024 comencei a montar as xuntanzas godoteiras, ou darlle repercusión ao Amorodo Jam para traer jams xeneralistas a miña tierra.

Unha cousa que me pasou nese IndieDevDay é que, no grupo da MeetUp de Godot coñecín a varies galegues, e entre eles un rapaz que me comentou que lle encantaba encontrarse nestes eventos a xente do colectivo LGBTIQ+, sobre todo ver que había xente como él dentro da industria e que estábamos movendonos e visualizándonos, cousa que me deixó moi calentito o corazón, pero que á vez pensaba: jo, pero é que ten razón, eu nunca tiven ninguna representación do colectivo ao que poder seguir.

E a ver, o que quero dicir con todo isto é que, facendo retrospectiva, podo dicir que pasados xa 3 anos, para mín o Atlantic Games Conference é o evento ese do que falaba. Xa o año pasado gustoume moito ver a cantidade de representación, encima nunha localidade como Carballo, poidendo levar todo ese contido que hai en eventos grandes como en Barcelona ou Málaga a zonas máis delocalizadas. É por iso que este ano tamén quería pasarme, xa sexa con stand ou de visitante, e podo dicir que era difícil, pero para min esta edición mellorou moito máis. É verdad que esta vez non puiden probar tantos xoguitos, e tampouco asistín a moitos dos faladoiros ou obradoiros (pedazo obradoiro o de Juno eh! mirade o que chegamos facer hehe), pero se teño que quedarme con algo é coa sensación tamén do corazoncito blandiño ao ver a tanta xente do colectivo, tanto de FemDevs como da Madriguera, nun pueblo de Galicia, e poder ser a representación de moites outres compañeires que estamos ahí a tope nesta industria intentando mellorala e facer un espazo seguro. É verdade que queda moito que recorrer, como facer máis deste tipo de eventos noutras zonas de España, pero creo que é un pasiño adiante.

Bueno, deixono por aquí que estame caindo a lagrimiña, pero antes de despedirme, comentar que este finde estarei na esLibre como voluntarie, por se queredes pasar a falar de Godot, Mastodon ou calquer cousiña, e se non espero veros en moitos outros eventiños que ainda quedan ao longo do ano.

Vémonos, besiis 😽!!