Adeus a 2025
Martes, 6 de xaneiro 2026
postgalego
Fai tempo que non actualizo o meu blog, e quería aproveitar a falar do que supuxo o 2025 para min… porque vaia ano! Foi un non parar nun montón de cousas, tanto boas como malas, pero principalmente creo que gaña o positivo.
E comezarei por unha que puxo todo patas arriba. Fai xa máis dun ano, Rubén, do estudo Ao Norte, veume cunha proposta bastante arriscada: facer unha proposta para entrar en Videoxogo.gal, a asociación galega do videoxogo e contidos interactivos, e estar dentro da xunta da asociación. E alí que fun. A pesar dos seus máis e dos seus menos, creo que conseguimos con creces volver poñer no mapa a asociación. Digo os seus máis e dos seus menos porque como sempre hai que facer autocrítica, e os que me coñecedes dende hai anos, todo podíase facer mellor. Aínda así non creo que deba de darme lategazos, porque pese a todo, conseguimos mover a un xenial grupo de profesionais, e aínda que xa non estou como parte da xunta, creo que o que comezamos é algo que non vai parar facilmente.
Unido a cousas da terriña, levo varios anos asistindo a eventos, sobre todo de videoxogos, fora de Galicia. E non minto se digo que, a pesar de estar repartidos por toda España, hai eventardos que te asombrarías do pedazo nivel que temos dentro da escena indie. Pero claro, ese é un punto na súa contra, repartidos pero sempre nos mesmos sitios: que si Barcelona, Valencia ou Madrid… E no sé, era unha cousa que botaba de falta en Galicia. Xa o año pasado (2024) comecei a levar un tipo de eventos, que son as Godot Meetups, na miña terra. Gracias á axuda de Rafa Laguna, saíu un eventiño super guay no que puiden coincidir con xente fermosa, e este ano no foi a menos. Despois da Xornada de iniciación de Godot de marzo, e a última Xuntanza Godoteira en setembro, conseguimos o impensable, crear unha asociación aquí en Galicia para representar á comunidade de Godot. O traballiño que nos levou a Paladina, Coegho, Jose e moitos máis para levantar este proxecto foi grande, pero estou super orgullose de poder formar parte deste proxecto.
Continuando con comunidades, tamén foi o ano no que coñecín a Sara, de FemDevs. E que pedazo de tía! Está movendo á comunidade de mulleres e xente non binaria, que ata agora non tiñamos sitio aquí en Galicia, e madre mía o currazo que se está a pegar. Sobre todo con Meetups e participación da asociación en eventos por toda Galicia. Se non coñecedes FemDevs, botarlle un ollo, porque hao cousas moi boas. Eu fíxenme socie fai pouco, sobre todo porque creo que é un espazo que nunca tivemos aquí, e facíame moita ilusión poder estar aí.
Xa no persoal, quen me coñece saberá que levo uns anos facendo un máster de deseño e programación de videoxogos na UOC. Non foi fácil, pero despois dun par de anos, fai escasos dous días publiquei o meu traballo final. E a verdade é que estou super contente. É un proxecto que levei con moita ilusión, e, aínda que non quedara como me gustaría, creo que é o xerme dun proxecto para seguir adiante.
No sei que me deparará 2026. Solo podo dicir que isto comezou para min coma un hobby fai moitos anos. Recordo que na miña adolescencia comecei a pensar en como funcionaba a informática. Alí por 2007 chegaron dous consolas que cambiaron a miña vida, a PS3 e a PSP. Pasando á ESO, tamén chegou o Internet a miña casa e, ademais, un xogo que puxo unha semente, LittleBigPlanet. Non era solo xogar, se non que crear. Crear un nivel dun plataformas. Crear algo que funcionaba, co que interactuabas… Unido a isto, a PS3 mutou. O meu pai instalou Ubuntu nela, e, de repente, a consola converteuse nun PC. Aí xa foi algo máis que cambiou en mi. Debuxar en GIMP, modelar en Blender… Había una infinidade de cousas que abríanse para min, e por se non foran poucas, uninme á scene de PSP, e aí comecei a tocar Lua, a miña linguaxe favorita. Xa no solo era experimentar, se no que era incluso facer que unha consola funcionase como ti querías. E a partir de aí xa non puiden parar… Fixen a carreira de Enxeñería Informática, logo o Máster, máis tarde, despois de levar 3 anos traballando, metinme no de videoxogos, e o que fai case 20 anos comezou coma algo que facía por hobby, converteuse en algo que marcou e móveme no meu día a día.
E todo isto despois dun ano no que vimos a un sector en decadencia, no que onde vemos a diario miles de despidos por culpa da IA, e que a idea de unión ante inxustizas laborais doe a moitas empresas. Porque si, todos temos que falar de GTA 6, pero dos abusos xa é outro cantar. Tamén este año foi o despido da comunidade que veume nacer, porque SceneBeta pechou. Ese sitio que conseguiu que me encantara o medio, onde cos seus titoriais aprendín a mover un montón de píxeles, e que fíxome incluso considerar a idea de facer un sistema operativo (NequeOS, que recordo hahahaha), xa forma parte do lost media, do pasado.
A ver, non quero rematar esta entrada tan a desgusto, porque a día de hoxe estou xenial. De feito estou onde quero estar, facendo videoxogos, creando novas experiencias. Quen sabe se retomando vellos proxectos, como o de NequeOS, ou o esquecido Lua Raspi. Solo espero que este novo ano vaia a mellor sempre, que xa me chegan os 30 e unhe o único que quere é estar de chill, aínda que a tope para seguir dando guerra. Si, sei que é unha contradición, pero nese equilibrio des miñes dues lobes é onde encántame estar.
Un saludiño a todes e feliz 2026!
